DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 26 de abril de 2024 Páx. 26269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se inadmiten determinadas solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I e II do sistema de carreira administrativa para o persoal funcionario.

A Orde do 29 de decembro de 2023 (DOG núm. 5, do 8 de xaneiro de 2024) convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario, en desenvolvemento do acordo publicado pola Orde do 22 de novembro de 2022. Este sistema transitorio configúrase como unha retribución adicional ao complemento de destino.

O prazo para presentar as solicitudes abriuse o 8 de xaneiro de 2024.

As solicitudes sinaladas no anexo non cumpren os requisitos previstos para o acceso aos graos I ou II polas causas sinaladas en cada unha.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Función Pública

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo desta resolución para acceder aos graos extraordinarios I e II do sistema de carreira administrativa, por non cumpriren os requisitos previstos para o acceso establecidos na Orde do 29 de decembro de 2023.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do sistema de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpor directamente recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Causas

Observación

Normativa

1

Non prestar servizos como persoal funcionario nesta Administración en 31.12.2023

Artigos 2, 12.1.a) e 15.1.a)

2

Non estar en servizo activo ou en calquera outra situación que supoña reserva de praza ou dun posto de traballo concreto

Artigos 2, 12.1.a) e 15.1.a)

3

Persoal non incluído no ámbito de aplicación

Artigo 3

4

Persoal non incluído no ámbito de aplicación (adquiriu o grao na convocatoria previa)

Artigo 3.6

5

Fóra de prazo

Artigo 9

6

Presenta máis dunha solicitude

Artigo 9

7

Sentenza non firme

Cláusula adicional segunda

8

Non ten o grao I en 31.12.2021

Artigo 15.1.b)

9

Non existe o acceso ao grao 3

 

NIF

Apelido 1

Apelido 2

Nome

Grupo

Data de rexistro

Grao

Causa

1

***8199**

Ayude

Filgueira

María Luisa

C2

20.2.2024

1

1, 2

2

***0566**

Carnero

Bellón

Mercedes

A2

17.3.2024

1

1

3

***6463**

Fernández

Añón

Roi

A1

12.4.2024

1

5

4

***3914**

Folgar

Herves

Santiago

C2

9.4.2024

2

5

5

***9401**

González

Novoa

Áurea

A1

11.3.2024

2

4 ,6, 8

6

***6615**

López

González

Nuria

A2

2.4.2024

2

4, 8

7

***9940**

Novoa

García

María Reyes

A2

27.6.2024

2

4, 8

8

***2395**

Ruiz

García

Juan José

A1

26.3.2024

2

4, 8

9

***4629**

Sánchez

Campos

José Eduardo

A1

21.3.2024

2

3