DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 26049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de marzo de 2024, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se dá publicidade da resolución de modificación de características ditada no expediente DH.A15.85941.

De acordo co previsto no artigo 116 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, fago público para xeral coñecemento que, mediante a Resolución da Dirección de Augas de Galicia, do 19 de febreiro de 2024, e como resultado do expediente instruído para o efecto, se outorgou ao Concello da Laracha a modificación de características da concesión dun caudal de auga, que se lle outorgara na Resolución da Comisaría de Augas do Norte de España, do 6 de decembro de 1978, para aproveitar 40 l/segundo de auga do río Anllóns no lugar de Gabenlle, na parroquia de Torás (Santa María), no concello da Laracha (A Coruña), con destino a usos de abastecemento, gandeiro e industrial.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións