DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 26058

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO de información pública sobre o acordo plenario de aprobación inicial da modificación puntual número 14 do Plan xeral de ordenación municipal para aparcadoiro Malecón PERI 7.1.

O Pleno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o 7 de marzo de 2024, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual nº 14 do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para aparcadoiro Malecón PERI 7.1 nos termos que constan no expediente.

Segundo. Aprobar e ratificar o texto definitivo dos convenios urbanísticos de planeamento subscritos entre o Concello do Barco de Valdeorras e Hasuocha, S.L. e Aglomerados y Construcciones Valdeorras, S.A., propietarios maioritarios no PERI 7.

Terceiro. Abrir un período de información pública durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e anunciarse, ademais, no xornal de maior difusión na provincia, con notificación aos interesados afectados pola modificación. Durante o dito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o Plan xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, á disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

https://www.sede.concellodobarco.org/es/transparencia/transparencia/exposiciones-publicas/

Cuarto. Suspender as licenzas de parcelamento, edificación e demolición polo prazo de dous anos, para as parcelas catastrais afectadas pola modificación puntual nº 14, en consonancia co estipulado no artigo 86 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG). O ámbito da suspensión de licenzas é o mesmo que o da modificación puntual nº 14 que se define nos planos adxuntos e o cadro catastral de superficies afectadas.

5581905PG6958S

5581906PG6958S

5581908PG6958S

5581909PG6958S

5581915PG6958S

5581920PG6958S

5581925PG6958S

5581926PG6958S

5581927PG6958S

5581928PG6958S

5581929PG6958S

5581930PG6958S

5581931PG6958S

5581932PG6958S

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Quinto. Remitirlle o expediente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, competente en materia de urbanismo, para que emita informe tras realizar as consultas pertinentes.

Sexto. Solicitar informe do Instituto de Estudos do Territorio de conformidade co disposto no artigo 41 do Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia, aprobado polo Decreto 96/2020, do 29 de maio.

Sétimo. Solicitarlles ás administracións públicas competentes os informes previstos pola lexislación sectorial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia».

O Barco de Valdeorras, 4 de abril de 2024

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde