De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e logo de tentada a notificación persoal no último enderezo coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, A Coruña, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 12 de abril de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
NIF |
Expediente |
Acto que se notifica |
B15695604 |
SAI-PI2023-EESS-15-28 |
Requirimento de documentación correspondente ao Plan de inspección 2023 en materia de seguridade industrial |