DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 25824

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 17 de abril de 2024 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209G).

BDNS (identif:): 741218.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Artigo único. Ampliación de crédito

1. Amplíase, con cargo á aplicación 15.03.514A.781.0 e ao código de proxecto 2023 178, na anualidade de 2024, o crédito máximo destinado a financiar as axudas para proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), no importe de 3.370.000 €.

2. O novo importe total máximo, sumando o importe inicial publicado e a presente ampliación, queda fixado no cadro seguinte:

Ano 2024

Ano 2025

Total

8.170.000 €

3.500.000 €

11.670.000 €

O importe está cofinanciado nun 70 % polo FEMPA (prioridade 1. Fomentar a pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, obxectivo específico 1.1: reforzar as actividades pesqueiras que sexan económica, social e ambientalmente sostibles, medida 1.1.12 portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros) e nun 30 % pola Comunidade Autónoma.

3. A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar