DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25767

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle das parcelas 5, 6 e 7 da ordenación do Plan especial de reforma interior (PERI) da zona 1 do sector urbano 48 (SU-48) do Plan xeral de ordenación urbana 1986.

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 4 de abril de 2024, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

15. Planeamento 2024010639. Estudo de detalle nas parcelas 5, 6 e 7 da ordenación do Plan especial de reforma interior (PERI) da zona 1 do sector urbano 48 (SU-48) do PXOU 1986 do Concello de Ourense.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a ordenación dos volumes edificables nas parcelas 5, 6 e 7 da ordenación do Plan especial de reforma interior (PERI) da zona 1 do sector urbano 48 (SU-48) do PXOU 1986 do Concello de Ourense na súa versión de documento de aprobación inicial (documentos 21 ao 33 do expediente administrativo electrónico) a pedimento da Xunta de Galicia-Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. Someter o documento á información pública durante o prazo dun mes, mediante o anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no taboleiro de anuncios municipal e na sede electrónica municipal. A documentación sometida á información pública abarcará todos os documentos integrantes do expediente administrativo electrónico tramitado así como o documento técnico que se aproba, debidamente dilixenciados.

3. Notificarlles o presente acordo de xeito individualizado aos titulares catastrais afectados polo ámbito territorial do estudo de detalle, segundo a relación que consta no documento técnico.

Réxime de recursos:

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, por tratarse dun acto de trámite que non decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, nin determina a imposibilidade de continuar o procedemento, nin produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, non cabe interpor ningún recurso administrativo, sen prexuízo de que se os interesados formulen os que procedan contra o acordo que poña fin ao presente procedemento.

A documentación estará a disposición no taboleiro de edictos da sede electrónica do concello. Tamén se poderá consultar fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo do Concello de Ourense (rúa García Mosquera, núm. 19), das 9.00 ás 14.00 horas.

Ourense, 16 de abril de 2024

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde presidente