DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 24 de abril de 2024 Páx. 25696

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 3 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2023/454-1).

Expediente: IN407A 2023/454-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT PED-704-apoio AN2WTJQJ//33.

Concello: Bergondo.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña PED-704 rexistrado no expediente IN407A 2016/2032-1, de 322,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre o apoio nº 32 (matrícula AN65CQ6F) metálico tipo AM-ANG-4500/26-T-CAII-2(CD-CAI), do que parten as derivadas aos CCTT Tatín Iglesia (matrícula 15CIY7), Gandarío (matrícula 15A462) e Lagoa Ouces (matrícula 15A478), e o apoio nº 34 (matrícula AN1CXO49) de formigón tipo S-AL-HV-650/12-B1-CSRII, consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-110 (condutor existente) e desmontaxe do condutor de fibra óptica, no treito de 205,7 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 32 e o apoio nº 33 (matrícula AN2WTJQJ) de formigón tipo AM-AG-HV-1000/14-T-CAII.

– Substitución, mantendo o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15008A055001960000XY cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 34, do apoio nº 33 antes indicado, polo novo apoio metálico tipo AM-C-3000/18-H35-CAIII(CS). Este novo apoio terá a condición de frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-110 e montaxe e retensado do condutor de fibra óptica (condutor existente), no van da liña PED-704 de 205,7 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 32 existente e o apoio nº 33 unha vez substituído.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña PED-704 de 116,4 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 33 proxectado e o apoio nº 34 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Bergondo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público, para coñecemento xeral, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 3 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT PED-704-apoio AN2WTJQJ//33

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Bergondo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

José Luis García Calviño

15008A055001960000XY

Cuesta (A Lagoa)

Novo apoio nº 33

2

Rústico, agrario. Labor ou labradío de secaño