DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25376

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2024 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala administrativa, subgrupo C1, pola quenda de promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 25 de agosto de 2023 (DOG do 6 de setembro) para o ingreso na escala administrativa, subgrupo C1, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de promoción interna, e tras comprobarse que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de acordo co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear funcionaria de carreira da escala administrativa, subgrupo C1, da USC, a aspirante que superou o proceso selectivo que figura no anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil á data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas de maternidade ou paternidade, caso en que poderán tomar posesión durante esta situación.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala administrativa da Universidade de Santiago de Compostela
Quenda de promoción interna

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***8369**

Sesto Gontán, María Lourdes