DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 23 de abril de 2024 Páx. 25396

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2023/444-4).

Expediente: IN407A 2023/444-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS LAL805 e substitución do apoio AISD49R8//254-B8.

Concello: Forcarei.

Feitos:

1. O 13.9.2023, UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación eléctrica LMTS LAL805 e substitución do apoio AISD49R8//254-B8.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, e en que figura un orzamento total de 179.247,04 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste no soterramento da liña de media tensión aérea LMTA LAL805, mediante as seguintes actuacións previstas no lugar de Cachafeiro, no concello de Forcarei (Pontevedra):

– Substitución de 34 metros do tramo da liña de media tensión aérea LAL8052947 entre os apoios AIDL089R//254-A1 e AIECFA10//254. Neste último apoio instálase un SXS.

– Retirada de 28 metros do tramo LAL8052899 que alimenta o CT Gaxín (36CT70).

– Retirada do XS 36HB00 do apoio AIDW7U16//255 e instalación dun novo SXS.

– Retirada dun total de 737 metros correspondente aos tramos LAL8053062, LAL8052969, LAL8052967 e LAL8052970, ademais dos apoios de formigón AIF34UOX//254-B1, AIGEQUTJ//254-B2, AIKWW3FO//254-B4, AINPXAXU//254-B5, AIQ11BB4//254-B6 e AIRQSUCN//254-B7 e do apoio de celosía AIHU648U//254-B3.

– Retirada dos SXS 36HA98 e SXS 36HA99 situados no apoio AIECFA10/254, do ITC 36HNP0 situado no apoio AIHU648U//254-B3 e proxéctase a instalación dun novo XS.

– Substitución do apoio ASID49R8//254-B8 do tramo LAL8052967 por un apoio de celosía C-2000/14, no cal se instala un XS e se retensa o van. Ademais neste mesmo tramo se retira o apoio AISD49R8/254-B8.

– Substitución de 209 metros do tramo da liña de media tensión aérea LAL8053108 desde o apoio proxectado ata o apoio AIVOTJJ9//254-B10.

– Instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) de 1.076 metros entre o apoio proxectado e o apoio existente AIDW7U16/255.

– Instalación doutro tramo de LMTS de 25 metros para alimentar o CT Gaxín desde o apoio AIECFA10/254.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Forcarei, Augas de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Deputación Provincial de Pontevedra. A empresa manifestou a súa conformidade co condicionado emitido pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Os demais organismos non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do apoio HV-400/13, AISD49R8//254-B8, da LMT LAL 8052967, por un apoio C-2000/14, no cal se instala un novo XS.

– LMTA a 20 kV, con condutor LA-56 mm² Al, de 34 metros de lonxitude, coa orixe no apoio AIECFA1O//254 e final no apoio AIDL089R//254-A1.

– LMTA a 20 kV, con condutor LA-56 mm² Al, de 209 metros de lonxitude, coa orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio AIVOTJJ9//254-B10.

– LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 1X240 mm² Al, de 25 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente AIECFA1O//254, mediante un paso aéreo subterráneo e final no centro de transformación Gaxín (36CT70).

– LMTS a 20kV, con condutor RHZ1-2OL 12/20KV 1X240 mm² Al, de 1.076 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente AIDW7U16//255, mediante un paso aéreo subterráneo, e final no apoio proxectado C-2000/14.

– A instalación está situada no lugar de Cahafeiro, no concello de Forcarei (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar a UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTS LAL805 e substitución do apoio AISD49R8//254-B8, expediente IN407A 2023/444-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado de dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 27 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra