DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de marzo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente DH.A36.99621).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Fondós.

Expediente: DH.A36.99621.

Volume total anual: 3.322,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,28 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: cinco (5) mananciais (M1 a M5) e un río:

M1 a M4 na parcela 1779, polígono 1.

Rego das Penices: captado desde parcela 1843, polígono 1.

M5 na parcela 1238, polígono 1.

Lugar: Fondós.

Parroquia: Quireza.

Concello: Cerdedo-Cotobade.

Descrición:

A auga de M1 a M4 condúcese a un depósito na parcela 1779, polígono 1, a captada do río a outro depósito nesa mesma parcela; a de M5 a un terceiro na parcela 1224, polígono 1. De cada depósito parte unha rede de distribución cara ás vivendas, que abastece a Comunidade no lugar de Fondós.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa ao enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de marzo de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur