DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 8 de abril de 2024, da Área Provincial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente VI482F3200302.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da dita Lei 39/2015, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral e a xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Ourense.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na rúa Sáenz Díez, nº 1, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 8 de abril de 2024

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

VI582F3200302

49707239F

Resolución de desistencia tácita da solicitude da axuda do Programa do bono de alugueiro social