DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24823

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.07227, outorgada o 12 de setembro de 2003, no concello de Soutomaior (expediente DH.A36.85078).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Moreira.

Expediente: DH.A36.85078.

Volume total anual: 19.020,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,01 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dez (10) mananciais (M1 a M10).

– M1 a M4 na parcela 541 do polígono 12.

– M5 na parcela 652 do polígono 10.

– M6 e M9 na parcela 639 do polígono 10.

– M7 e M10 na parcela 539 do polígono 10.

– M8 na parcela 533 do polígono 12.

Todas do catastro de Soutomaior.

Lugar: Moreira.

Parroquia: Soutomaior.

Concello: Soutomaior.

Descrición:

A auga de tres mananciais condúcese ao depósito 2 (parcela 541, polígono 12) do cal segue ao depósito 1 (parcela 539, polígono 10), que recibe auga do resto de captacións e do que parte a rede de distribución cara ás vivendas que abastece a comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 12 de febreiro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial Galicia-Sur