DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de modificación de autorización de vertedura no concello de Ponte Caldelas (expediente DH.V36.11229).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de modificación de autorización de vertedura:

Solicitante: Construcciones Caldevergazo, S.L.

NIF: B36133916.

Expediente: DH.V36.11229.

Lugar: Caritel.

Parroquia: Caritel.

Concello: Ponte Caldelas.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual 1: 129,00 m3/ano

Punto de vertedura 1: X=543.789, Y=4.692.084.

Medio receptor 1: infiltración no terreo (bacía do río Verdugo).

Tratamento/evacuación 1: as augas residuais industriais xeradas na zona de lavado son tratadas nun areeiro seguido dun separador de hidrocarburos, e vértense por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.

Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual 2: 32,48 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X=543.831, Y=4.692.133.

Medio receptor 2: infiltración no terreo (bacía do río Verdugo).

Tratamento/evacuación 2: as augas residuais industriais xeradas na zona de subministración de combustible son tratadas nun areeiro seguido dun separador de hidrocarburos, e vértense por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.

Tipo de vertedura 3: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual 3: 212,20 m3/ano.

Punto de vertedura 3: X=543.781, Y=4.692.124.

Medio receptor 3: infiltración no terreo (bacía do río Verdugo).

Tratamento/evacuación 3: as augas residuais fecais son tratadas nunha fosa séptica deseñada para 12 habitantes equivalentes e constituída por decantador primario, compartimento de aireación e clarificador, e vértense por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, solicitando cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras