Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio as persoas afectadas pola expropiación son informadas da consignación dos depósitos de prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada recuamento LMT LES809 en Novás, no concello de Cuntis, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figura como titular da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 8 de abril de 2024
Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: IN407A 2022/127-4.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento LMT LES809 en Novás.
Concello: Cuntis.
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Depósito prezo xusto |
2 |
36015B503002730000EG |
Descoñecido |
2024/54/144 |