DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24814

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de abril de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente IN661A 2010/5-4).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN661A 2020/5-4

RAI-DXEM-41.16/24

33197245B

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 2020/5-4

RAI-DXEM-41.27/24

76857099T

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 2020/5-4

RAI-DXEM-41.45/24

33198170Q

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 2020/5-4

RAI-DXEM-41.51/24

76857061P

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 2020/5-4

RAI-DXEM-41.73/24

76864649Y

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN661A 2020/5-4

RAI-DXEM-41.210/24

76988650Z

Acordo de denegación da solicitude de suspensión