DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24630

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo do 11 de marzo de 2024, da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, en relación coa Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia do Acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2024

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

1º. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación co artigo 29 da Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, da calidade alimentaria de Galicia.

2. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

3. Comunicar este Acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Isabel Rodríguez García, ministra de Política Territorial e Memoria Democrática. Diego Calvo Pouso, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.