DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Venres, 19 de abril de 2024 Páx. 24872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de abril de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-46-23-07 e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselle ás persoas denunciadas cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, as resolucións dos procedementos administrativos sancionadores por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para as resolucións dos expedientes é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra estas resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG nº 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo, as resolucións sancionadoras devirán firmes e executivas e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non se efectuar o ingreso no dito prazo, procederase á súa exacción pola vía executiva.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

Roi Fernández Añón
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe da sanción

Sanc. 12-46-23-07

9431-CGJ

Pafif

33238320P

Estacionamento prohibido

9.5.2023; 11.20 horas

Aguiño-Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-23-269

5808-DXL

Pafif

44817945F

Estacionamento prohibido

30.9.2023; 12.33 horas

Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-50-23-34

4ª-VILL-2-08-06

Gardapeiraos

44817945F

Imcumprimento de ordes do Gardapeiraos

21.11.2023; A Pobra do Caramiñal do Caramiñal (A Coruña)

Artigo 131.a), d), e) e p) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

300 €

Sanc. 13-35-23-85

PO-4369-BS

Policía autonómica

Y6304587W

Estacionamento prohibido

28.1.2023; 12.15 horas

As Corvaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-23-166

3544-BKG

Policía autonómica

Y6304587W

Estacionamento prohibido

18.8.2023; 19.28 horas

As Corvaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-35-23-179

0729-JBF

Policía autonómica

35173621C

Estacionamento prohibido

9.8.2023; 10.38 horas

As Corvaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €