DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24555

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 4 de abril de 2024 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 74/2024 no expediente de reposición da legalidade PON/287/2017.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 74/2024, interposto pola persoa con DNI 35305051M, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 10.10.2023, interposto contra outra do 18.9.2018, expediente PON/287/2017, pola que se declara que as obras executadas en solo rústico, sen axustarse á autorización urbanística da Comunidade Autónoma concedida, consistentes en construción de edificación composta de planta soto, planta baixa, planta primeira e planta segunda, sita na parcela 453 do polígono 40 (referencia catastral 36027A040004530000ML), no lugar de Morouzos, Penaguda, parroquia de Dena, concello de Meaño, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico e ordena axustar as obras a autorización autonómica concedida no prazo de tres meses, e se, transcorrido o prazo do requirimento, os interesados non axustan as obras ás condicións sinaladas na autorización autonómica, ordenarase a demolición e procederase a impedir definitivamente os usos a que desen lugar, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 76851223N para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosa administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2024

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística