DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 3 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o trámite de audiencia ditado no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/603-4 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se relacionan no anexo o trámite de audiencia no expediente de reclamación, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos e de ser rexeitada por non acceder en prazo á notificación electrónica a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia (Notifica.gal). Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinaren o expediente nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para achegaren a documentación solicitada e presentaren as alegacións, informacións ou probas que consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 3 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente reclamación: IN635A 2023/603-4.

Interesado:

NIF: 53860144D.

Acto notificado: trámite de audiencia.

Expediente reclamación: IN635A 2024/21-4.

Interesado:

NIF: 35643608W.

Acto notificado: trámite de audiencia.