DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24453

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 9 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento SI427A e SI436B).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2024, a través da Resolución do 9 de febreiro de 2024 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, segundo o establecido na disposición adicional única desta resolución (procedemento SI427A).

b) Programa do Plan Corresponsables para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias (procedemento SI436B).

O prazo e a forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 4 da Resolución do 9 de febreiro de 2024 e no artigo 5 determínase a documentación que se xuntará co anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro de dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para determinar o cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 9 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda se farán mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 6 da Resolución do 9 de febreiro de 2024, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar logo da presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través do número de teléfono 981 54 53 69.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

Sandra Vázquez Domínguez
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Requirimentos de emenda de documentación (SI427A e SI436B)

a) Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, segundo o establecido na disposición adicional única desta resolución (procedemento SI427A).

Nº de expte.

Entidade

Documentación requirida

SI427A 2024/05

Asociación Amicos

1. Anexo II.1: o presentado está asinado pola presidenta da entidade, non pola secretaria; ademais, está nun formato editable, pódense modificar os datos.
2. Anexos IV: os presentados están nun formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/06

Asociación Alume Saúde Mental

1. Anexos II.1 e III.1: os presentados están nun formato editable, pódense modificar os datos. Ademais, no anexo III.1 deberán revisar o contido do servizo a), xa que nel se están incluíndo actuacións pertencentes ao servizo e).
2. Anexos IV: non se pode validar a sinatura electrónica do presidente da entidade.

SI427A 2024/09

Asociación para o Desevolvemento Social do Deza

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.

SI427A 2024/10

Down Asociación para Síndrome de Down

1. Anexo II.1: no presentado aparecen os datos do presidente da entidade, non os da secretaria.
2. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias de actividades non feminizadas.

SI427A 2024/11

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES)

1. Anexo II.1: o presentado está asinado polo presidente da entidade, non pola secretaria.
2. No certificado da secretaria onde se acreditan as asociacións que integran a federación non se especifica o NIF de cada unha delas.

SI427A 2024/12

Asociación O Son do Pobo

1. Anexo II.1: non presentado.
2. Anexos IV: non presentado.

SI427A 2024/14

Asociación de Viúvas María Andrea

1. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias en actividades non feminizadas e competencias dixitais.

SI427A 2024/17

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

1. Anexo II.1: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos.
2. Anexos IV: os das profesionais Ainhoa Varela, Elena Barco, Leticia Prado, Melisa González, Alejandra Regueira, Ana Mariñas e María de los Ángeles Candal están nun formato editable, pódense modificar os datos; ademais, o da profesional María de los Ángeles Candal está sen asinar e nos anexos das profesionais Sabrina Cal, Laura de Angelis e María Luz Amigo non se pode validar a sinatura da representante da entidade.

SI427A 2024/19

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol)

1. Anexo IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica da presidenta da entidade.

SI427A 2024/20

Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda

1. Anexo III.1: no presentado na relación do persoal adscrito ao programa non se indica a titulación requirida para o desempeño dos postos de traballo.
2. Anexo IV correspondente á avogada: non se pode validar a súa sinatura electrónica.

SI427A 2024/21

Cáritas Diocesana de Santiago

1. Anexo IV: non se pode validar a sinatura electrónica da representante da entidade.

SI427A 2024/22

Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama

1. Anexo IV correspondente á avogada: non se pode validar a súa sinatura electrónica.

SI427A 2024/23

Asociación CIMO prestadora de servizos

1. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias dixitais.

SI427A 2024/24

Asociación Down Ourense

1. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III.1 é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 24.7), polo que o número de horas que se deberá ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.
2. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias dixitais.

SI427A 2024/25

Asociación Patronato Concepción Arenal

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.
2. Anexo III.1: a temporización do programa está fóra do período subvencionable e os servizos a) e b) teñen o mesmo contido.
3. Anexos IV: en todos os presentados a data de finalización da dedicación ao programa é correcta. Ademais, respecto da mediadora graduada social deberán revisar a tarefa asignada.

SI427A 2024/27

Federación Aspace Galicia

1. Anexo II.1: no presentado constan os datos da presidenta da entidade, non os da persoa secretaria.
2. Anexos IV correspondentes á traballadora social e orientadora: nos presentados non se indica se é persoal propio da entidade ou contratación mercantil/externa.

SI427A 2024/29

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

1. Anexo II.1: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos. Ademais, a sinatura electrónica do secretario non é válida.
2. Anexos IV: nos correspondentes á traballadora social e ao avogado non se pode validar a sinatura electrónica da presidenta da entidade; ademais, deberán indicar se o avogado é membro ou non da xunta directiva da entidade; por outro lado, o anexo da psicóloga está nun formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/32

Asociación de Persoas con Parálise Cerebral de Lugo

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo I.1: a entidade ten que ser a titular da conta bancaria, non a presidenta.
3. Anexo III.1: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/33

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (Apico)

1. Anexo II.1: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/34

Asociación Redmadre Ourense

1. Anexo III.1: non presentado.

SI427A 2024/35

Asociación de Ayuda a la Vida (Ayuvi)

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.
2. Aclaración sobre se o curso de formación en competencias dixitais básicas é impartido polo persoal da entidade ou se se trata dunha derivación a outra entidade.

SI427A 2024/36

Asociación Mirabal

1. Na documentación presentada a orde dos apelidos da secretaria da entidade varía e non coincide co seu certificado dixital, polo que deberán revisar o anexo II.1, o IV e a solicitude de autorización de vinculación e corrixir o/s documento/s en que estea o erro.
2. Anexo IV correspondente á profesional Sara Saavedra: o número de horas imputadas ao programa (220) excede o número total de horas previsto no último parágrafo do artigo 25.5 para as persoas vinculadas coa entidade (máximo 100 horas). Ademais, marcaron que non pertence á xunta directiva da entidade cando é a súa secretaria.

SI427A 2024/37

Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y/o en Riesgo de Exclusión Social (Aperes)

1. Anexo II.1: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos; ademais, non se pode validar a sinatura electrónica do secretario da entidade.
2. No anexo III.1 e na memoria complementaria inclúen dentro das actuacións que compoñen o programa o servizo de atención psicolóxica, pero logo non se lle asigna este servizo a ningunha das persoas profesionais adscritas ao programa. Ademais, inclúen un adestrador canino, pero logo non envían o anexo IV correspondente a este profesional.
3. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias dixitais.
4. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III.1 é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 24.7), polo que o número de horas que se deberá ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2024/38

Auxilia Delegación Lugo

1. Anexos II.1 e IV: os presentados están nun formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/39

Asociación Veciñal As Termas

1. No anexo III.1 relacionan seis postos de traballo, pero logo só presentan catro fichas individualizadas (anexos IV).

2. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias dixitais.

SI427A 2024/40

Asociación Labregas

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina electronicamente a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que segundo o certificado da acta da asemblea xeral esa persoa cesou como presidenta da entidade o 25 de febreiro de 2024.

SI427A 2024/41

Asociación Arrianas

1. Aclaración sobre a temporización do programa, xa que a indicada no anexo III.1 non coincide coas datas de adscrición da profesional.

SI427A 2024/42

Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.

SI427A 2024/43

Fundación Menela

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2024/44

Asociación de Ayuda a los Toxicómanos Érguete

1. Os anexos IV correspondentes ao avogado e á educadora Noelia están sen asinar polas persoas traballadoras.

SI427A 2024/45

ONG Mestura

1. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias dixitais.

SI427A 2024/46

Asociación Autismo ApúntasTe

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).
2. Anexo II.1: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos. Ademais, está asinado polo presidente da entidade.
3. Anexo IV: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos. Ademais, están sen cubrir os datos da persoa representante da entidade, o período e o número de horas de dedicación ao programa e non está asinado pola profesional.

SI427A 2024/47

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG)

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.
2. Anexo II.1: o presentado está en formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/48

Asociación Diversidades

1. Anexos IV: os presentados están asinados e figura como representante da entidade a súa secretaria, non o seu presidente, polo que non son válidos.
2. Anexo IV correspondente á traballadora social: non presentado (presentaron dúas veces o da psicóloga).

SI427A 2024/49

Asociación Familares de Enfermos Alzheimer Chantada

1. Anexos IV: nos presentados non se pode validar a sinatura electrónica do presidente da entidade e no anexo da coordinadora/traballadora social tampouco se pode validar a súa sinatura electrónica.

SI427A 2024/50

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

1. Anexo II.1: o presentado está en formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/51

Asociación Redmadre A Coruña

1. Anexo II.1: o presentado está en formato editable, pódense modificar os datos.

SI427A 2024/52

Asociación Limisi

1. Anexo II.1: o presentado está en formato editable, pódense modificar os datos.
2. Anexo IV correspondente á psicóloga: o presentado está en formato editable, pódense modificar os datos.
3. Aclaración sobre os concellos en que se vai desenvolver o programa, relacionándoos un a un.

SI427A 2024/54

Asociación PuntoDelas- Secretaría das Mulleres

1. Anexos IV correspondentes á avogada: non se pode validar a súa sinatura electrónica.

SI427A 2024/56

Arelas. Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina electronicamente a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS.
2. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.
3. Anexo III.1: o presentado está sen cubrir.
4. Anexos IV: en todos os presentados non se pode validar a sinatura electrónica da persoa que asina en representación da entidade; tamén deberán revisar o número de horas imputadas ao programa de todas as profesionais, xa que non está no formato exixido (por exemplo, 308:00, non 308:18.480); por outro lado, no anexo IV da traballadora social/coordinadora do programa tampouco se pode validar a sinatura electrónica da profesional; os anexos IV correspondentes á mentora-formadora en sexoloxía e ás dúas avogadas están sen asinar polas profesionais. Ademais, deberán ter en conta que a representación da persoa que asina os anexos no nome da entidade deberá quedar acreditada, tal e como se require no punto 1.

SI427A 2024/57

Agrupación de AAVV do Rural e da Perifeira do Concello de Ourense-Miño

1. No certificado do secretario onde constan as asociacións que integran a entidade está sen asinar o visto e prace da presidenta.

SI427A 2024/59

Valores Innovation

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.
2. Anexo III.1: cómpre especificar o/s colectivos de mulleres a que vai dirixido o programa, de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria, e aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencia dixitais.
3. Anexos IV: no correspondente ao profesional José Manuel Cid non se pode validar a súa sinatura electrónica.

SI427A 2024/60

Asociación Andaina Pro Saúde Mental

1. Aclaración sobre as actuacións concretas que se van levar a cabo na adquisición de competencias dixitais.

SI427A 2024/61

Asociación Nós Mesmas

1. Anexo II.1: o presentado está nun formato editable, pódense modificar os datos.
2. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III.1 é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 24.7), polo que o número de horas que se deberá ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2024/62

Asociación Xarela Formación-Animación

1. Aclaración sobre a titularidade da conta bancaria indicada no anexo I.1, xa que non consta que a entidade solicitante sexa a súa titular.

SI427A 2024/63

Fundación Amigó

1. Anexo II.1: a contía solicitada non coincide coa que consta no anexo I.1; ademais, a validación da sinatura electrónica non é válida, xa que o documento foi modificado logo de ser asinado.
2. Anexo III.1: no presentado a temporización do programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.
3. Anexos IV: o período de dedicación ao programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A 2024/64

Asociación Síndrome de Down de A Coruña

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS.

SI427A 2024/66

Asociación Xaruma

1. Copia do DNI da persoa que actúa en representación da entidade, xa que se opuxo á consulta.
2. Anexo II.1: no presentado a persoa que está certificando é o presidente da entidade, non a persoa secretaria, polo que non é válido.
3. Anexo IV correspondente á traballadora social: o presentado non está asinado pola profesional.

SI427A 2024/68

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia (Fademur)

1. Anexo II.1: o presentado non está asinado pola secretaria da entidade.
2. Anexos IV correspondentes á avogada e á técnica: non se pode validar a sinatura electrónica da presidenta da entidade.

SI427A 2024/69

Cruz Roja Española

1. Anexo II.1: no presentado non consta a contía solicitada.
2. Anexo III.1: a memoria do programa ten que presentarse no modelo normalizado do anexo III.1, a memoria complementaria só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III.1, non para substituílo.
3. Anexo IV: no presentado o dato do «tipo de vinculación» non é correcto, non indica se é persoal propio ou contratación mercantil/externa.

SI427A 2024/71

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

1. O número de mulleres participantes indicadas no anexo III.1 é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 24.7), polo que o número de horas que se deberá ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente, agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2024/72

Asociación Española contra el Cáncer

1. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa, de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.
2. Anexo II.1: non presentado.
3. Anexo IV correspondente á traballadora social Paula R.: está sen asinar pola profesional e ten asignada a tarefa d) cando este servizo non está recollido no programa. Ademais, deberán revisar o grupo profesional, xa que outras traballadoras co mesmo posto de traballo están encadradas noutro grupo e, de ser o caso, aclarar por que unhas se encadran no grupo 1 e outras no grupo 2.
4. Anexo IV correspondente á traballadora social Mª Carmen B.: non se pode validar a sinatura electrónica da profesional e ten asignada a tarefa d) cando este servizo non está recollido no programa. Ademais, deberán revisar o grupo profesional, xa que outras traballadoras co mesmo posto de traballo están encadradas noutro grupo e, de ser o caso, aclarar por que unhas se encadran no grupo 1 e outras no grupo 2.

SI427A 2024/74

Fundación Amigos de Galicia

1. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa, de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.
2. Aclaración sobre os concellos onde se levan a cabo as actuacións que compoñen o programa (non os concellos de procedencia das usuarias).
3. Aclaración sobre se as actuacións de adquisición de competencias dixitais e as de adquisición de competencias en actividades non feminizadas van ser prestadas polo persoal adscrito ao programa ou se consisten en derivacións a outros recursos.
4. Aclaración sobre o número de persoas profesionais adscritas ao programa, xa que no anexo III.1 relacionan catro, pero logo só presentan tres anexos IV.
5. Anexo IV correspondente á psicóloga: a data de inicio da adscrición ao programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria.

SI427A 2024/76

Asociación Raíña Paraíso

1. Anexo II.1: no presentado non está cuberto o punto 1.d).
2. Aclaración sobre o número de persoas profesionais adscritas ao programa, xa que no anexo III.1 relacionan tres profesionais pero logo só presentan dous anexos IV. Ademais, presentan un anexo IV dunha «directora de programas», posto de traballo que non aparece recollido no anexo III.1.

SI427A 2024/78

Federación Escolas Agrarias de Galicia EFA

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que non coincide coa que consta no RUEPSS.
2. Anexo II.1: non presentado.
3. Anexo III.1: no presentado os servizos que compoñen o programa non están descritos de forma detallada.
4. Anexo/s IV: non presentado/s

SI427A 2024/80

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar)

1. Anexos IV: no anexo correspondente á traballadora social Mª Luz a sinatura electrónica desta profesional e da presidenta da entidade non son válidas (dá erro ao verificar as sinaturas); nos outros dous anexos IV non é posible verificar a sinatura electrónica da presidenta da entidade.

SI427A 2024/81

Asociación de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios

1. Anexo II.1: no presentado a persoa que está certificando é a presidenta da entidade, non a súa secretaria, polo que non é válido.
2. Anexo III.1: no presentado a temporización do programa está fóra do período subvencionable desta convocatoria e os servizos que compoñen o programa non están descritos de forma detallada.
3. Anexos IV: non presentados.

SI427A 2024/82

Fundación Ronsel

1. Aclaración sobre a contía solicitada, xa que as indicadas nos anexos I.1 e II.1 non son coincidentes.
2. Anexo III.1: no presentado os servizos a) e f) non están descritos de forma detallada, non se concretan as actuacións que se levan a cabo en ambos os dous servizos.
3. Anexo IV correspondente á profesional Estrella Mª: non se pode validar a sinatura electrónica da profesional.
4. Aclaración sobre o número de persoas profesionais adscritas ao programa, xa que no anexo III.1 relacionan un total de 13 persoas pero logo só presentan 12 anexos IV.

SI427A 2024/84

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

1. Anexo II.1: no presentado os datos da secretaria da entidade, que é quen asina o anexo, non son correctos.
2. Anexos IV: non presentados.
3. Anexo III.1: no presentado remiten a unha memoria complementaria que non presentaron. Ademais, a memoria do programa ten que presentarse no modelo normalizado do anexo III.1, a memoria complementaria só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III.1, non para substituílo.

SI427A 2024/85

Asociación Antonio Noche

1. Anexo II.1: no presentado os datos da secretaria da entidade, que é quen asina o anexo, non son correctos.
2. Anexos IV: non presentado/s.
3. Memoria complementaria: no anexo III.1 remiten a unha memoria complementaria que non presentaron.
4. Aclaración sobre a formación en TIC e sobre o obradoiro de profesións masculinizadas: deberán aclarar en que consisten estas formacións e que persoas profesionais van ser as encargadas de impartilas.

SI427A 2024/87

Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo)

1. Aclaración sobre o número de persoas profesionais adscritas ao programa, xa que tanto no anexo III.1 coma na memoria complementaria declaran que se presta o servizo de atención psicolóxica, pero logo non presentan o anexo IV da persoa profesional que vai a levar a cabo este servizo.

SI427A 2024/88

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

1. Anexo II.1: non presentado.
2. Anexo III.1: non presentado.
3. Anexo/s IV: non presentado/s.

SI427A 2024/89

ONGD Senvalos

1. Anexos IV: non presentaron as fichas individualizadas da psicóloga, da formadora ocupacional e da técnica social/mediadora intercultural.

b) Programa do Plan Corresponsables para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias (procedemento SI436B).

Nº de expte.

Entidade

Documentación requirida

SI436B 2024/01

Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza

1. Anexo III.2: cúbrase o cadro final do punto 2.3 (criterios obxectivos).

Aclaración dos criterios de selección das persoas participantes (punto 3.2.1).

SI436B 2024/02

Fer. Prov. de Mulleres Rurais Ourense

1. Anexo III.2: o contido do punto 3.5 (medios persoais) non é coherente co do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/03

Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo

1. Anexo III.2: entrégase dúas veces o anexo III.2 e o contido é diferente.

Debe estar asinado pola persoa presidenta da entidade.

O contido do punto 3.2.3 (plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade) non é coherente co do punto 3.4. (obxectivos e resultados esperados).
O contido do punto 3.5 (medios persoais) non é coherente co do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).
O importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/04

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

1. Anexos I.2 e III.2: a persoa que asina é distinta e en ambos os casos indícase que é a presidenta.
2. Anexos I.2, II.2 e III.2: a razón social non é exactamente a mesma.
3. Anexo I.2: debe estar asinado pola persoa presidenta da entidade.

Erro no titular da conta bancaria.
4. Anexo II.2: debe estar asinado pola persoa secretaria.
Corríxase o cadro de texto do punto 1.
5. Anexo III.2: entrégase dúas veces o anexo III.2 e o contido é diferente.
O importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).
O contido do punto 3.5 (medios persoais) non é coherente co do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).
Se unha persoa traballadora dedica parte da xornada aos plans de sensibilización e formación e outra ás bolsas de coidado debe facerse unha desagregación no punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/05

Patronato Concepción Arenal

1. Anexo III.2: entrégase dúas veces o anexo III.2 e o contido é diferente.

A duración das bolsas de coidados (punto 2.1) non é coherente co contido do punto 3.5 (medios persoais).

No punto 2.2 (plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade) indíquese o número de edicións.

O contido do punto 3.5 (medios persoais) debe coincidir coa desagregación do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

No punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal) deben indicarse as horas de traballo por día dedicadas ao plan.

Se unha persoa traballadora dedica parte da xornada aos plans de sensibilización e formación e outra ás bolsas de coidado, debe facerse una desagregación no punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/06

Asociación Casa da Muller

1. A memoria complementaria debe estar asinada pola persoa representante da entidade.

2. Anexo III.2: no punto 2.2 (plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade) establécese una duración da formación dun mes. Pola contra, a contratación da persoa formadora ten unha duración dun mes máis. Precísase aclaración.

No punto 2.3 (criterios obxectivos) o dato de volume de recursos humanos non é coherente co do número total de persoas traballadoras da entidade.
No punto 3.1 (contido) descríbese un plan de formación dirixido aos/ás monitores/as da Escola de Verán sobre conceptos, nocións e medidas de hixiene esenciais básicos para o traballo con menores. Esta actividade non é elixible, de acordo co artigo 27 da resolución.

No punto 3.5 (medios persoais) débese facer referencia ao persoal dos plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade.
No punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal) debe indicarse o número de horas da xornada dedicadas ao Plan Corresponsables.

SI436B 2024/07

Asociación E-Deidades para a Integracion Laboral e Social da Muller

1. Xustifíquese a coherencia do programa proposto e o seu encaixe no ámbito do artigo 27.2.2 da resolución.

2. A memoria complementaria debe estar asinada pola persoa representante da entidade.

3. Anexo III.2: o contido do punto 3.5 (medios persoais) non é coherente co do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/08

Asociación Autismo Apúntaste

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Anexo II.2: debe estar asinado pola persoa secretaria.

En referencia co sinalado no punto 2 (que a entidade solicitante é unha entidade de segundo nivel), é necesaria certificación acreditativa das asociacións ou federacións integradas.

3. Anexo III.2: descrición máis detallada das actuacións que se van desenvolver.

Comprobación de que a actividade Respiros familiares é coherente coas bolsas de coidado do artigo 27.2.1 da resolución.

SI436B 2024/09

Fundación Infiar

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. A memoria complementaria debe estar asinada pola persoa representante da entidade.

3. Anexo III.2: o importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/10

Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo Afammer Lugo

1. A memoria complementaria debe estar asinada pola persoa representante da entidade.

2. Anexo II.2: debe estar asinado pola persoa secretaria.

3. Anexo III.2: o importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal) .

Cúbrase o punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/11

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

1. Anexo II.2: debe estar asinado pola persoa secretaria.

2. Anexo III.2: o importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/12

Asociación Centinelas

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude.

2. Aclaración sobre a medida solicitada, as indicadas nos anexos I.2 e II.2 non son coincidentes.

3. Anexo II.2: debe estar asinado pola persoa secretaria.

4. Anexo III.2: cúbrase o cadro final do punto 2.3 (criterios obxectivos).

SI436B 2024/13

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

1. Anexo II.2: non presentado.

2. Anexo III.2: o importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

No punto 2.2. (plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade), cúbrase dentro do período subvencionable.

SI436B 2024/14

Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui

1. A memoria complementaria debe estar asinada pola persoa representante da entidade.

2. Anexo III.2: o importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

Cúbrase o punto 2.3 (criterios obxectivos).

SI436B 2024/15

Cruz Roja Española

1. O importe solicitado excede o límite do artigo 27.9 da resolución.

2. A memoria complementaria debe estar asinada pola persoa representante da entidade.

3. Anexo III.2: cúbranse os puntos 3.3 (nome e apelidos da/das persoa/s responsable/s e teléfonos de contacto) e 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/16

Ecos do Sur

1. Anexo III.2: entrégase dúas veces o anexo III.2 e o contido é diferente.

Debe entregarse asinado pola persoa representante da entidade.

O importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

No punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal) deben indicarse as horas de traballo por día dedicadas ao Plan Corresponsables.

SI436B 2024/17

Federación Escuelas Familiares Agrarias Galicia

1. Anexo II.2: non presentado.

2. Os anexos I.2 e III.2 deben estar asinados pola persoa representante da entidade.

3. Anexo III.2: descríbase o plan de sensibilización e formación (punto 3.1).

Aclárense os obxectivos do plan de sensibilización e formación (punto 3.4).

Cúbrase o punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/18

Asociación Antonio Noche

1. Anexo II.2: non presentado.

2. Anexo III.2: sen cubrir.

SI436B 2024/19

Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos)

1. Anexo III.2: complétese o punto 2.1 (bolsas de coidados).

Complétese o punto 2.2 (plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade).

Cúbranse os puntos 3.2.2 (bolsas de coidados); 3.2.3 (plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade); 3.5 (medios persoais) e 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/20

Asociación AXEL Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

1. Xustifíquese a coherencia do programa proposto e o seu encaixe no ámbito do artigo 27.2.2 da resolución.

2. A memoria complementaria debe estar asinada pola persoa representante da entidade.

3. Anexo III.2: entrégase dúas veces o anexo III.2 e o contido é diferente.

O importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

SI436B 2024/21

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

1. Anexo II.2: non presentado.

2. Anexo III.2: sen cubrir.

SI436B 2024/22

Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra

1. Anexo III.2: o importe solicitado (anexos I.2 e II.2) debe coincidir coa suma dos importes totais do punto 3.6 (desagregación dos custos directos de persoal).

Cúbrase o punto 2.3 (criterios obxectivos).