DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Xoves, 18 de abril de 2024 Páx. 24403

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 8 de abril de 2024 pola que se modifica a autorización do centro privado plurilingüe María Inmaculada, de Vigo.

A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe María Inmaculada, de Vigo, solicita a supresión de 2 unidades de bacharelato e a autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Sistemas Microinformáticos e Redes.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do CPR Plurilingüe María Inmaculada, de Vigo, para suprimir 2 unidades de bacharelato e autorizar o CM Sistemas Microinformáticos e Redes. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado plurilingüe.

Denominación específica: María Inmaculada.

Código do centro: 3636011166.

Domicilio: rúa Pi y Margall, 58.

Código postal: 36202.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fundación Vedruna Educación.

Composición resultante:

• 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

• 12 unidades de educación primaria.

• 12 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 4 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais.

• 1 unidade de educación especial.

Formación profesional.

• CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades