No Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 56, do 19 de marzo, apareceu publicado o edicto polo que se anunciaba a convocatoria da contratación dunha praza de auxiliar administrativo/a con funcións de secretario/a do Xulgado de Paz, en réxime de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, de acordo coa oferta pública de emprego de 2023.
As bases da convocatoria atópanse no boletín provincial antes indicado e no Portal de transparencia do concello no enderezo sinalado máis abaixo.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles contados a partir da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado. Tras esta publicación, as restantes verificaranse no taboleiro de edictos do concello –físico e electrónico– e, se for o caso, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.
Enderezo das bases xerais da convocatoria:
– «Concello de Padrenda/Sede electrónica /Portal de transparencia/1. Institucional/1.7. Persoal/1.7.2. Oferta de emprego público/2024/99 OPE-2023 auxiliar administrativo/a e secretario/a do Xulgado de Paz» ou
https://padrenda.sedelectronica.es/transparency/49071c61-f58a-4917-b5c9-caeb53ddd11d/
Padrenda, 19 de marzo de 2024
Manuel Pérez Pereira
Alcalde