No Boletín Oficial da provincia de Ourense nº 56, do 19 de marzo de 2024, apareceu publicado o edicto polo que se anunciaba a convocatoria da contratación dunha praza de peón do servizo de augas, en réxime de persoal laboral fixo, polo sistema de concurso-oposición, de acordo coa oferta pública de emprego de 2023.
As bases da convocatoria encóntranse nese boletín provincial antes indicado e no Portal de transparencia do Concello no enderezo sinalado máis abaixo.
O prazo de presentación de solicitudes é de vinte (20) días hábiles, contados a partir da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado. Tras esta publicación, as restantes verificaranse nos taboleiros de edictos do Concello -físico e electrónico- e, de ser o caso, no Boletín Oficial da provincia de Ourense.
Enderezo das bases xerais da convocatoria:
– «Concello de Padrenda / Sede electrónica / Portal de transparencia / 1. INSTITUCIONAL / 1.7. PERSOAL_PERSONAL / 1.7.2. OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO_OFERTA DE EMPLEO PÚBLICO / 2024/94 OPE-2023 Peón servizo de augas» ou
– https://padrenda.sedelectronica.es/transparency/dbeadf78-0c72-44af-a03a-68e90cff0752/
Padrenda, 19 de marzo de 2024
Manuel Pérez Pereira
Alcalde