DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23582

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Orde do 5 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, se convocan para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

BDNS (Identif.): 754103.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto é a concesión de axudas do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras publícanse conxuntamente na convocatoria do programa de bonos Activa comercio.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Quinto. Data de activación dos bonos

Os bonos estarán dispoñibles para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 26 de abril ata o 15 de setembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 2.500.000,00 €.

Mediante orde da Consellería de Economía, Industria e Innovación poderase modificar a devandita data se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellasen, do que se dará a publicidade oportuna.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2024

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Economía, Industria e Innovación