A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
O artigo 26.6 da Orde da Consellería de Promoción e Igualdade do día 12 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) pola que se estableceron as bases reguladoras e se procedeu á convocatoria pública das axudas e subvencións para programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023 (código de procedemento TR353B) establece que as subvencións concedidas se publicarán, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.
A convocatoria tiña como finalidade establecer as bases reguladoras e a convocatoria pública das axudas e subvencións do ano 2023 para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación (programas de emprego), dirixidos a mellorar a ocupabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
O financiamento das axudas previstas na orde de convocatoria efectuouse con cargo aos créditos da aplicación 11.50.322A.460.2 (código de proxecto 2023 00111), estando cofinanciadas nunha porcentaxe do 60 % a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027, en particular, no obxectivo político 4, prioridade 5, obxectivo específico ESO4.1, medida 5.A.03
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas para os programas de emprego para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Orde do 12 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril), segundo o anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2024
Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación
ANEXO
Expediente |
Entidade beneficiaria |
CIF |
Aplicación orzamentaria |
Concedido 2023 |
Concedido 2024 |
15/00001/23 |
Concello da Coruña |
P1503000J |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
15/00002/23 |
Concello de Fene |
P1503600G |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
15/00004/23 |
Concello de Santiago de Compostela |
P1507900G |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
15/00006/23 |
Concello de Betanzos |
P1500900D |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
15/00007/23 |
Concello de Rois |
P1507500E |
11.50.322A.460.2 |
199.142,33 |
199.142,32 |
15/00009/23 |
Concello de Val do Dubra |
P1508900F |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
27/00002/23 |
Concello de Ribadeo |
P2705100B |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
32/00001/23 |
Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín |
P3200025I |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
32/00002/23 |
Mancomunidade Voluntaria de Concellos da Comarca de Ourense |
P3200026G |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
36/00001/23 |
Concello de Vilagarcía de Arousa |
P3606000B |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
36/00003/23 |
Concello de Valga |
P3605600J |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
36/00004/23 |
Concello de Vigo |
P3605700H |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
36/00005/23 |
Concello de Redondela |
P3604500C |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
36/00008/23 |
Concello de Vilanova de Arousa |
P3606100J |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |
36/00011/23 |
Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo |
P8605704I |
11.50.322A.460.2 |
212.418,48 |
212.418,48 |