DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 15 de abril de 2024 Páx. 23609

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Política Social e Xuventude

ORDE do 18 de marzo de 2024 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 9 de novembro de 2023.

Mediante a Orde do 9 de novembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 225, do 27 de novembro de 2023, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Política Social e Xuventude.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 ao 8 e 25 ao 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria e adxudicarlle destino á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada pola Orde desta consellería do 9 de novembro de 2023, no posto de traballo que se indica no mesmo anexo.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia; no prazo de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia, ou dun mes se comporta o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2024

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social e Xuventude

ANEXO

Apelidos e nome: Gómez Fernández, Susana.

NRP: ****717635 A2053.

Grupo: C1.

Corpo/escala: corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Denominación do posto: director/a de residencia de tempo libre.

Código: PS.C99.40.210.32190.001.

Nivel: 25.

Dependencia: Residencia de tempo libre do Carballiño.

Localidade: O Carballiño.