DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Forma Consultora, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial, o 26 de febreiro de 2024, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Forma Consultora, S. Coop. Galega, acordada na reunión do Consello reitor do 2 de febreiro de 2024. O seu novo domicilio social é: rúa Tourón, número 46, concello de Vilagarcía de Arousa, provincia de Pontevedra.

Vigo, 26 de febreiro de 2024

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra