DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 12 de abril de 2024 Páx. 23533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2024 pola que se publica o concurso público (procedemento aberto sistema multicriterio) para a selección de oferta de proxecto concesional e posterior tramitación como concesións administrativas de ocupación de dominio público portuario en varios portos autonómicos para explotación de instalacións de subministración de combustible en Meloxo, Santo Tomé (Cambados), Ribeira (2) e Portocubelo (lote 1, lote 2, lote 3, lote 4 e lote 5) (expediente PRG-2024-0122).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación Portuaria.

Número de expediente: PRG-2024-0122.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: a selección, ao abeiro do artigo 71 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para seleccionar unha oferta, por cada lote, de proxecto concesional e posterior tramitación como concesións administrativas de ocupación de dominio público portuario en varios portos autonómicos para explotación de instalacións de subministración de combustible en Meloxo, Santo Tomé (Cambados), Ribeira (2) e Portocubelo (lote 1, lote 2, lote 3, lote 4 e lote 5).

Prazo da concesión: ata un máximo de cincuenta (50) anos, conforme ao descrito na cláusula 5 do prego de bases que rexe a presente contratación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de valoración das ofertas que figuran na cláusula 8.2 do prego de bases do concurso.

4. Taxas de explotación: As especificadas na cláusula 8 do PPT do concurso.

5. Obtención de documentación e información.

Entidade: entidade pública empresaria Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6ª, Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Teléfono: 881 95 0095/881 99 52 70.

Fax: 981 54 53 24.

Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

Perfil de contratante: o prego de bases desta convocatoria poderase obter na seguinte dirección da internet:

https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2

6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e rematará ás catorce (14.00) horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do concurso.

Lugar de presentación: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses dende a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: electrónico a través do sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).

Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º, Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días a contar desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1, e publicará no perfil de contratante o resultado da apertura, para que, previa comunicación aos interesados, se emenden, se fóra o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade que, no seu caso, se xeren serán pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia