1. Entidade adxudicadora.
Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación Portuaria.
Número de expediente: PRG-2024-0022.
2. Obxecto do contrato.
Descrición do obxecto: a selección, ao abeiro do artigo 71 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, dunha oferta para o outorgamento, realizados os trámites necesarios, da concesión administrativa dunha nave para usos complementarios aos portuarios no porto de Sada.
Lugar da concesión: porto de Sada (A Coruña).
Prazo da concesión: ata un máximo de cincuenta (50) anos, conforme o descrito na cláusula 5 do prego de bases que rexe a presente contratación.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios de valoración das ofertas que figuran na cláusula 10 do PPT.
4. Taxas de explotación: as especificadas na cláusula 8 do PPT do concurso.
5. Obtención de documentación e información.
Entidade: entidade pública empresaria Portos de Galicia.
Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6ª, Polígono das Fontiñas (Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
Teléfono: 881 95 00 95/881 99 52 70.
Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
Perfil de contratante: o prego de bases desta convocatoria poderase obter na seguinte dirección da internet:
https://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?lang=gl&ID=800&N=34&OR=34&SORT=2&ORDER=2
6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.
7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.
Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce (14.00) horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.
Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) arquivos electrónicos, segundo se especifica no prego de bases do concurso.
Lugar de presentación: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.
8. Apertura das ofertas: electrónico a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.
Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).
Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.
Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1.
9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1, e publicará no perfil de contratante o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se fose o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.
10. Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade que, se é o caso, se xeren serán pola conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024
Jose Antonio Alvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia