DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2023/423-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida de América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: instalación dun apoio na LMT CBD806 e ITC.

Situación: Cambados.

Características técnicas:

– Instalación dun apoio C-1000/12 no tramo da LMTA CBD8061997, no cal se instala un interruptor telecontrolado. O apoio está situado na parcela con referencia catastral 36006A030007640000OZ.

– Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 16 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente HV-1000/11 (9SC4BMG1) e final no apoio existente HC-630/11 (9SBX3J3B), pasando polo apoio proxectado C-1000/12.

– A instalación está situada no lugar de Serantellos, na parroquia de Castrelo, no municipio de Cambados (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/
documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 15 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2023/423-4.

Denominación: instalación dun apoio na LMT CBD806 e ITC.

Concello: Cambados.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Apoio m2

Afeccións

ml aér.

m2 aér.

1

Cabezudas

Rústico

36006A030007640000OZ

José Carlos Alfonso Permuy

1,21

2

Cabezudas

Rústico

36006A030007630000OS

Descoñecido

13,30

33,10