DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22927

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2024/028-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado o día 29.2.2024 polo enxeñeiro técnico industrial Víctor Sánchez Villar, colexiado núm. 2802 do Coeticor, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na data sinalada.

Solicitante: Consellería de Política Social e Xuventude; CIF: S1511001-H.

Domicilio: San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

Denominación: recuamento do CT 32CN56, LMT soterradas e RBT existentes situadas no predio da antiga estación de autobuses-Ourense.

Situación: antiga estación de autobuses, concello de Ourense.

Orzamento: 95.071,69 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, de 24 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV-3×240 mm2 Al+H16, coa orixe nos empalmes que se van realizar no condutor existente da LMTS VLL807 na arqueta núm. A2 do proxecto e final no CT proxectado.

– CT proxectado, de tipo compacto en envolvente prefabricada 2L1P, con transformador de 250 kVA e R/T de 20.000/400 V.

– LMTS, a 20 kV, de 255 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV-3×240 mm2 Al+H16, coa orixe no CT proxectado e final na cela de liña do transformador existente 32CS42 da empresa distribuidora.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 18 de marzo de 2024

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense