DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 11 de abril de 2024 Páx. 22890

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se notifica a resolución de desistencia do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos para a elaboración de biodiesel da entidade Asociación SC-20 para unha instalación no concello de Dodro (expediente 2020-SC-I-097).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícase ao titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de desistencia do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos para a elaboración de biodiesel.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Residuos, sitas no Edificio Administrativo, rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2020-SC-I-097.

Titular: Asociación SC-20.

NIF: G70592175.

Acto notificado: resolución de desistencia do procedemento de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos para a elaboración de biodiesel.

Data do acto administrativo: 17 de xaneiro de 2024.