DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Gondomar (expediente DH.V36.98635).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Contevigo-Contenedores de Vigo, S.L.

NIF: B-36743268.

Expediente: DH.V36.98635.

Lugar: polígono industrial da Pasaxe.

Parroquia: Vincios.

Concello: Gondomar.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorremento depuradas.

Caudal máximo anual: 3.526,81 m3/ano.

Punto de vertedura: X=522.591; Y=4.667.268.

Medio receptor: regato innominado (bacía da ría de Baiona).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais de escorremento xeradas nas instalacións son tratadas nun pozo decantador antes da súa conexión á rede de pluviais do polígono, cuxa vertedura se acaba incorporando a un regato innominado (bacía da ría de Baiona).

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras