DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Negreira (expediente DH.A15.87961).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Augas de Vilar de Ordoeste.

Expediente: DH.A15.87961.

Volume total anual: 1.926 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,09 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 516091, y= 4749774 (fuso 29 ETRS89); x= 516072, y= 4749736 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Pedra Lampa.

Parroquia: Aro (San Vicenzo).

Concello: Negreira.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas procedentes de dous mananciais nas parcelas 15057A512005890000LR e 15057M003003420000JT. O manancial 1 comunícase co manancial 2 mediante tubo de PE de 40 mm de diámetro e desde o manancial 2 sae un tubo de PE de 40 mm de diámetro ata a arqueta con chave de paso, situada nas coordenadas x= 516044, y= 4749703. Desde a arqueta lévase a auga, en tubo de PE de 40 mm de diámetro e 1604 metros lineais de lonxitude, ata o depósito repartidor con 14 depósitos cilíndricos de 2.000 litros de capacidade, situado na parcela 6088801MH1468N0001EM, desde onde se distribúe a auga en tubos individuais de 32 mm de diámetro ás vivendas dos comuneiros.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica
Galicia Centro