Para público e xeral coñecemento, infórmase que en data 1.4.2024, publicouse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra o anuncio do acordo da Xunta de Goberno Local de data 22.3.2024 polo que se emendan erros detectados na aprobación dos criterios xerais para a provisión mediante o procedemento de concurso específico dos postos de traballo correspondentes subgrupos A1 e A2 de titulación do concello de Vigo.
Toda a información relativa a este procedemento pode consultarse na páxina web municipal www.vigo.org
Vigo, 2 de abril de 2024
O alcalde
P.D. (Resolucións de Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolucións de Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal