DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de información pública do texto inicial do convenio urbanístico para monetizar parte do aproveitamento urbanístico.

O 20 de marzo de 2024, o Concello de Sanxenxo e a Xunta de Compensación do Polígono Único do PERI do PEI 9 subscribiron unha proposta de convenio urbanístico para monetizar parte do aproveitamento correspondente ao Concello de Sanxenxo no ámbito do PEI 9, sito en Baltar, na parroquia de Adina.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación co artigo 401.2 do seu regulamento, a proposta subscrita sométese á información pública durante o prazo dun mes, contado desde a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o devandito prazo o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo do Concello de Sanxenxo, das 9.00 ás 14.00 horas, logo da solicitude de cita no teléfono 986 72 00 75, para que poidan formular as alegacións que consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal)

Sanxenxo, 20 de marzo de 2024

Telmo Martín González
Alcalde presidente