De conformidade co disposto no artigo 24.3 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:
Instalación: planta de produción de biodiésel |
Procedemento: revisión da autorización ambiental integrada |
Titular: Biovigo Energy, S.L. |
Nº rexistro: 2022-IPPC-119_370 |
Localización: concello de Curtis (A Coruña) |
Expediente: 2023-IPPC-M-123 |
Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, para o cal deberá empregar o código de expediente 2022-IPPC-I-119, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático