DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 10 de abril de 2024 Páx. 22687

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se dá publicidade á resolución pola que se outorga a autorización ambiental integrada a De Heus Nutrición Animal, S.A.U., para a ampliación da fábrica de produción de pensos no concello de Sada (expediente 2021-IPPC-I-8).

De conformidade co disposto no artigo 24 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), dáselle publicidade á seguinte resolución:

Instalación: ampliación da fábrica de produción de pensos en Sada

Procedemento: autorización ambiental integrada

Titular: De Heus Nutrición Animal, S.A.U.

Localización: concello de Sada (A Coruña)

Expediente: 2021-IPPC-I-8

Esta resolución poderá consultarse en https://cmatv.xunta.gal/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada, para o cal deberá empregar o código de expediente 2021-IPPC-I-8, ou presencialmente na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, rúa de San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental,
Sostibilidade e Cambio Climático