DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 7 de marzo de 2024, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Noia (expediente DH.V15.98715).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Estaciones de Servicio Combustibles Barcia, S.L.

NIF: B15912397.

Expediente: DH.V15.98715.

Lugar: estrada C-543 p.q. 30.

Parroquia: Albariza.

Concello: Noia.

Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual 1: 1.881,55 m3/ano.

Punto de vertedura 1: X=511.732; Y=4.738.620.

Medio receptor 1: infiltración no terreo (bacía da ría de Muros e Noia).

Tratamento/evacuación 1:

As augas residuais industriais de lavado xeradas nas catro cabinas de lavado, pretratadas en cadanseu areeiro, son conducidas ao areeiro que recolle as augas residuais xeradas na ponte de lavado, e cuxo efluente se trata, xunto coas augas residuais industriais de escorremento xeradas nas zonas de subministración e descarga de combustibles, así como no gasocentro e nas zonas descubertas da ponte e cabinas de lavado, nun separador de hidrocarburos de placas coalescentes de clase I, antes da súa vertedura por infiltración no terreo (vacía da ría de Muros e Noia).

Tipo de vertedura 2: augas residuais fecais depuradas.

Caudal máximo anual 2: 562 m3/ano.

Punto de vertedura 2: X=511.787; Y=4.738.648.

Medio receptor 2: infiltración no terreo (vacía da ría de Muros e Noia).

Tratamento/evacuación 2:

As augas residuais fecais xeradas nos aseos e no café-bar son tratadas nunha depuradora compacta de oxidación total e posteriormente vertidas por infiltración no terreo (vacía da ría de Muros e Noia).

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela, con cita previa no teléfono 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao do publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2024

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras