DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2024 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Guerra IX.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 23 de febreiro de 2024, Josefa Gómez López (***3359**) e Alfredo Budiño Gómez (***9450**) solicitaron autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa da batea Guerra IX.

Segundo. Por Resolución do 18 de marzo de 2024 autorizouse a transmisión mortis causa, mediante liquidación da sociedade conxugal, adxudicación parcial da herdanza e entrega e aceptación de legado, da concesión administrativa da batea Guerra IX a favor de Josefa Gómez López (***3359**) e Alfredo Budiño Gómez (***9450**) (DOG número 59, do 22 de marzo).

Terceiro. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a transmisión inter vivos da concesión administrativa da seguinte batea:

Nome: Guerra IX.

Situación:

Cuadrícula número: 21.

Polígono: A.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 3.7.1972.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Josefa Gómez López (***3359**) e Alfredo Budiño Gómez (***9450**).

Novo titular: Miguel Ave Sineiro (***1857**).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Xustificante do pagamento do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados ou sobre sucesións e doazóns.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas dos anteriores desde o momento da formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 1 de abril de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo