DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22562

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 12 de marzo de 2024 pola que se convocan probas selectivas para cubrir prazas da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (Pemade) pola quenda de acceso libre.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 58, do 21 de marzo de 2024, cómpre realizar a seguinte corrección:

Nas páxinas 20231 e 20232, onde di:

«Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, con tres respostas alternativas, das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque de coñecementos específicos que figura no programa que se relaciona no anexo II.

O tempo para a realización deste exercicio será de 125 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo do 60% do total das respostas correctas, que supón unha valoración de 15 puntos».

Debe dicir:

«Segundo exercicio: consistirá en contestar por escrito un cuestionario de 120 preguntas tipo test, máis 5 de reserva, con tres respostas alternativas das cales só unha será a correcta, propostas polo tribunal e correspondentes ao bloque común e ao de coñecementos específicos que figura no programa que se relaciona no anexo II.

O tempo para a realización deste exercicio será de 125 minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos, e será necesario para superalo obter un mínimo do 60 % do total das respostas correctas, que supón unha valoración de 15 puntos».