DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22563

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente 2020/64 ATE).

O 13 de novembro de 2023, a Xefatura Territorial de Lugo ditou resolución pola que se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada LMT e TC BCR803/BCR804/BCR805 apoios T3, T4 e T5, cuxo peticionaria é UFD Distribución Electricidad, S.A., no concello de Becerreá.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, esta xefatura territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas que non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a esta resolución e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Becerreá, deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 28 de abril de 2023 e no Diario Oficial de Galicia do 26 de maio de 2023, para que comparezan o día 18 de abril de 2024 no concello de Becerreá sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado ás persoas interesadas mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalarán o día e a hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do concello de Becerreá estará exposta a data do levantamento das actas. Todas as persoas interesadas, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, e poderán ir acompañadas dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos as persoas interesadas que poderán formular alegacións por escrito nesta xefatura territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE), e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 13 de marzo de 2024

O xefe territorial de Lugo
P.A. (Artigo 41.3 Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Nº de predio

Propietarias

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Superficie (m2)

Ref. catastral

1

Ana Mª Vilariño Real/Ana Isabel Gómez Vilariño

1061817PH541650001LK

Avenida Madrid, 144

Urbano

T3

2.0