DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS626F 32054/0231/23-R e un máis.

Ao abeiro do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, intentada a notificación dos requirimentos de emenda das solicitudes, ditados pola xefatura territorial no último enderezo coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanse a través deste anuncio os ditos requirimentos ás persoas citadas no anexo, que se emprazan para que no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Ourense (rúa Sáenz Díez, núm. 33, baixo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o contido íntegro dos referidos actos. Transcorrido o dito prazo, de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, transcorrido o prazo que se indique nos requirimentos, contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia sen teren realizado a emenda, se considerarán desistidos das súas solicitudes, logo de resolución ditada nos termos previstos nos artigos 21 e 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Ourense, 21 de marzo de 2024

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Procedemento BS626F

Nº de expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

32054/0231/23-R

Z1144141B

Requirimento de emenda da solicitude

26.1.2024

32059/0002/23-R

X9877628W

Requirimento de emenda da solicitude

28.12.2023