DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 18 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución ditada no expediente 2022/74/32.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente que se indica no referido anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Xuventude, na rúa Sáez Díez, núm. 39, baixo, en Ourense, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo, sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que contra a resolución caberá formular oposición ante o Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, no prazo de dous meses, desde o día seguinte á notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Ourense, 18 de marzo de 2024

María José Fernández Laso
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2022/74/32.

Persona interesada: 33542386Z.

Acto que se notifica: resolución administrativa do 12 de febreiro de 2024.

Efectos xurídicos: mantemento de medida administrativa.