DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 9 de abril de 2024 Páx. 22502

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 25 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR340E).

BDNS (Identif.): 752431.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

As empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial fose cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada modalidade de axuda.

Segundo. Obxecto

Impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a convocatoria do Programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.

As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas, dentro do primeiro ano de actividade:

a) Subvención á creación directa de emprego estable.

b) Axuda para o inicio e a posta en marcha da actividade.

c) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

d) Apoio á función xerencial.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 25 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR340E).

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínanse cincocentos mil euros (500.000 euros).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de solicitude das axudas desta orde comeza o día seguinte ao da súa publicación no DOG e remata o 30 de setembro de 2024.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2024

Elena Rivo López
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade