DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Estivada, sito nos concellos de Agolada (Pontevedra) e Antas de Ulla (Lugo), promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/017).

Advertido erro na resolución antes citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2023, cómpre efectuar a oportuna corrección.

Na páxina 37844, onde di:

«Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Estivada, composto polo documento Proxecto de execución parque eólico Estivada, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén o 20.1.2023, con nº 12210032-15».

Debe dicir:

«Segundo. Outorgar autorización administrativa de construción ao proxecto de execución das instalacións do parque eólico Estivada, composto polo documento Proxecto de execución parque eólico Estivada, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Jaén o 5.4.2023, con nº 12210032-30».