DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22434

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico para escola ecuestre de alto rendemento.

Aprobado inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións en solo rústico para escola ecuestre de alto rendemento, no lugar de Mao-Penasalbas-Coles, por instancia de Agricultura Extensiva, S.L., pola Resolución da Alcaldía do do 21 de febreiro de 2024.

De conformidade co artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello:

http://concellodecoles.sedelectronica.gal

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados, no caso de que non se poida efectuar a notificación persoal do outorgamento do trámite de audiencia.

Se transcorrido o devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Coles, 8 de marzo de 2024

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde