DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22435

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública do expediente de delimitación do núcleo rural do Mosteiro.

De conformidade co disposto no artigo 78.2.a) da Lei do solo de Galicia, do 10 de febreiro, exponse a información pública o expediente de delimitación do ámbito do núcleo rural do Mosteiro, na parroquia de Donas, deste termo municipal.

O expediente sométese a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá examinar na sede electrónica do Concello de Gondomar (https://concellodegondomar.sedelectronica.gal), na páxina web (concellodegondomar.gal) ou no Negociado de Urbanismo, das 9.00 ás 13.30 horas de oficina, e formular as alegacións e observacións que se consideren procedentes.

Gondomar, 11 de marzo de 2024

Juan Francisco Ferreira González
Alcalde