DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22374

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2024 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de condutor en virtude de probas selectivas convocadas pola Resolución do 4 de novembro de 2022.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución do 4 de novembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia do 18 de novembro) para cubrir con persoal laboral fixo dúas prazas da categoría profesional condutor, grupo III, unha pola quenda de promoción interna e outra pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de condutor as persoas que superaron o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre e promoción interna, que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante estea en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Quenda promoción interna

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***3352**

Fontao Otero, José Darío

Quenda acceso libre

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***1382**

Gómez Botana, Jesús Manuel