DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 8 de abril de 2024 Páx. 22407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 21 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2023/442-4 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas interesadas que se relacionan no anexo a correspondente resolución do expediente de reclamación, logo de ser rexeitada por non acceder en prazo á notificación electrónica a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia (Notifica.gal).

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, cada persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, cada persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015.

Pontevedra, 21 de marzo de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/442-4.

Interesado:

NIF: X6518816H.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/452-4.

Interesado:

NIF: 36119487B.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/462-4.

Interesado:

NIF: 35254214K.

Acto notificado: resolución.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2023/538-4.

Interesado:

NIF: 34597058K.

Acto notificado: resolución.